Feridas dúas persoas tras chocar contra un muro en Barreiros

As vítimas, unha delas menor de idade, foron trasladadas a un centro hospitalario.

Ambulancia medicalizada. AXM

Dúas persoas resultaron feridas este xoves nun accidente de tráfico rexistrado ao chocar o vehículo no que circulaban contra un muro no municipio mariñán de Barreiros. Segundo informou o 112 Galicia, foi un particular quen, ás 9,15 horas, avisou ao servizo de emerxencias dunha saída de vía na estrada N-643, no punto quilométrico 570.

Nesta comunicación advertiu, ademais, de que o coche chocara contra un muro e que había dúas persoas feridas, unha delas un menor. Por iso, o CIAE 112 puxo os feitos en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, de Protección Civil de Barreiros e tamén dos Bombeiros da localidade, xa que o alertante asegurou que o vehículo accidentado botaba fume pola zona do motor.

Finalmente, os membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Barreiros confirmaron ao 112 Galicia que as dúas persoas que ían no turismo foran trasladadas a un centro hospitalario.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here